entorno

 

portomarin

 

 
Ruta do Río Loio PRG-47

FICHA TECNICA
Población: Paradela
Provincia: Lugo
Región: Galicia

Presentación:
La Ruta del Río Loio se encuentra en el Municipio de Paradela (Lugo) y discurre a través de bosques autóctonos (Fragas) y zonas de Ribera.

TIEMPO ESTIMADO: 2 - 3 horas
DIFICULTAD: media
EDAD MINIMA: 6
DESNIVEL: 149 metros
CARTOGRAFIA: Mapa Topográfico (IGN 1:25.000 123 - II Portomarín
COTA MAXIMA: 497 metros
COTA MINIMA: 348 metros

 

A ruta comeza na capitalidade do concello, xunto ó Centro de Saúde. O primeiro kilómetro e medio transcorre por unha pista de terra e continúa por un fermoso souto de castiñeiros ata chegar ó cruce de Pías.
Se collemos o desvío á dereita atoparemos, a 250 mts., a sinalización dunha fonte situada a 150 mts.

Continuando na ruta, pasamos a poucos metros do MUÍÑO DE PÍAS e, mentras, baixamos ó río, ata cruzalo na Ponte da Retorta. Xa na outra beira do río, o camiño sube durante 100 mts.ata chegar a un cruce.Á dereita levanos ó pobo da Retorta, pero continuamos pola esquerda, baixando de novo ata as proximidades do Loio.
Atravesamos unha mesta fraga de carballos centenarios de gran tamaño e grosor e algúns acebos illados. Xa levamos 1900 mts. percorridos e o camiño transcorre entre esgrevios carballos e altos muros de pedra. Estes muros eran as divisións das fincas onde se sementaba centeo e que hoxe están abandoadas.

O camiño da un xiro á dereita, acompañando a ribeira do río a certa altura. Novamente comenza a descender ata chegar á beira do río, onde nos atopamos co MUIÑO DA RETORTA. Este é o máis grande dos que hai ó longo do río, con catro pedras de moer no seu interior.

 

portomarin

 

Levamos recorridos 2’15 Km. Cruzamos de novo o río por outra das pontes de madeira e o camiño comeza a subir entre pastos e antigas fincas ata o cruce para o pobo de Suar (Km. 2,5). Se nos desviamos ata Suar poderemos visitar a súa igrexa románica de mediados do século XII, con rica ornamentación na porta principal, arco de medio punto e dous pares de columnas que sosteñen dúas arquivoltas de baquetón.

Retomando a ruta, o treito que nos leva a Portocaneiro é un camiño que se empregaba para o acceso dos carros ás fincas e ós prados da zona. Entramos de novo nunha carballeira, situada na ribeira de Suar e o camiño volve a descender en dirección ó río, que cruzamos pola ponte de Portocaneiro. Levamos recorridos 4100 metros. Queda medio Km. de subida ata chegar á Capela de Portocaneiro.

Un cartel sinala que debemos abandonar o camiño principal que conduce ó pobo da Tellada e desviarnos á esquerda por un estreito sendeiro. Estamos na ribeira do Loio, con antiguas viñas abandonadas e onde podemos disfrutar de vistas panorámicas dos pobos de Suar, Castro, Celmán… e a ribeira do Loio.

Douscentos metros antes de chegar ó pobo de Loio de Cortes, un cartel sinala a situación e distancia do antiguo mosteiro de Sta. María do Loio, berce da Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago. Conservase unicamente a capela, que foi recentemente restaurada e que conta cun interesante retablo barroco.

 

loio

 

No lugar houbo tamén un castro do que se conservan partes dalgunhas paredes e o foso exterior, diversos restos atopados neste castro pódense ver no Museo Provincial de Lugo.
O treito final da ruta é de 1,5 Km. ata chegar ó pobo de San Xoan de Loio, final da ruta, a beira mesmo das augas de Belesar.

A ruta do río Loio atópase no tramo final do río, pouco antes da súa desembocadura no encoro de Belesar. Trátase dun espacio natural onde converxen diferentes ecosistemas, proporcionándolle ó conxunto unha importante diversidade paisaxística e biolóxica. A vexetación propia de ribeira, con ameneiros, salgueiros (Salix atrocinerea, S. salvifolia), e pradairas mistúranse con fentos (Polistichum setiferum, Athyrium filix-femina, Asplenium onopteris, Dryopteris affinis, Osmunda regalis) e híras (Híera helix). Existen roquedos onde fan os seus niños especies como o corvo, o tecelán, o colirroxo tizón e o avión roqueiro. Aves fluviais coma o merlo acuático, lavandeira ou martín pescador. Tamén se poden ver xinetas e garduñas, porco teixos, donicelas, armiños, touróns, lontras, corzos e xabaríns.

 

 

restaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilas restaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilas restaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilas restaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilas restaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilasrestaurante en portomarin hoteles en portomarin anguilas restaurante en portomarin hoteles en portomarin restaurante en portomarin


logos